búfalo cafre
Galego
- Pronuncia: /ˈbufa̝lo̝ ˈkafɾe̝/ (AFI)
búfalo cafre (ms: búfalo cafre; mpl: búfalos cafres; fs: búfala cafre; fpl: búfalas cafres)
- (Zooloxía) Especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, que vive nos bosques e sabanas da África subsahariana, especialmente ao leste do continente. Posúe varias subespecies: Syncerus caffer caffer, búfalo negro, búfalo do Cabo; Syncerus caffer aequinoctialis, búfalo do Nilo; Syncerus caffer brachyceros, búfalo do Sudán; Syncerus caffer matthewsi, búfalo de montaña (non está universalmente recoñecido); e Syncerus caffer nanus, búfalo anano, búfalo de bosque.
Nome científico
Sinónimos
Traducións
- Castelán: búfalo africano (es).
- Francés: buffle d’Afrique (fr).
- Inglés: African buffalo (en)
- Italiano: bufalo africano (it)
- Portugués: búfalo africano (pt)