búfalo
Galego
- Pronuncia: /ˈbufa̝lo̝/ (AFI)
búfalo (ms: búfalo; mpl: búfalos; fs: búfala; fpl: búfalas)
- (Zooloxía) Mamífero ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, de formas corpulentas, do xénero Bubalus ou Syncerus, do que existen distintas especies, sendo quizais o máis recoñecido o domesticado búfalo asiático.
Termos relacionados
- búfalo africano, búfalo cafre (especie Syncerus caffer)
- búfalo anano, anoa ou anoa das chairas (especie Bubalus (Anoa) depressicornis)
- búfalo asiático, búfalo acuático, búfalo indio ou búfalo da India (especie Bubalus bubalis)
- búfalo anano de Mindoro (especie Bubalus mindorensis)
Traducións
- Alemán: Büffel (de)
- Asturiano: búfalu (ast)
- Castelán: búfalo (es).
- Catalán: búfal (ca)
- Chinés: 水牛 (zh)
- Francés: buffle (fr).
- Húngaro: bivaly (hu)
- Inglés: buffalo (en)
- Italiano: bufalo (it)
- Polaco: bawół (pl)
- Portugués: búfalo (pt)
- Ruso: буйвол (ru)
- Vasco: bufalo (eu)