abadexo

(Redirixido dende badeixo)

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abadexo».
  •   Pronuncia: [a.βaˈðɛ.ʃʊ], [a.βaˈðe.ʃʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

abadexo (sg: abadexo; pl: abadexos)

  1. (Ictioloxía) Peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos, Pollachius pollachius, de corpo alongado de até 1,30 m (e 10 kg de peso), mandíbula ben desenvolvida, sen barbas, e cor parda verdosa polo lombo e prateada nos flancos e no ventre. Vive en fondos rochosos, en grupos, a profundidade variábel (os individuos novos, denominados corbelos ou curubelos, preto da costa), no Atlántico, desde Portugal até Noruega.
    • Exemplo: A carne do abadexo é de boa calidade, pero consérvase mal.

    • Sinónimos: corbelo (o de pequeno tamaño), zarreta.

Variantes

Formas incorrectas

  • Abadeixo, badeixo, sarreta.

Traducións

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias

VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 22. ISBN 9788445350560.