barba
Galego
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.βɐ/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbas)
- (Anatomía) Pelo que nace no queixo e lados da cara.
- Exemplo: Ese home leva unha barba ben recortada e aseada.
- Exemplo: Ese home leva unha barba ben recortada e aseada.
- (Anatomía) Parte inferior da cara debaixo da boca que se corresponde co óso maxilar inferior ou mandíbula.
- (Botánica) Conxunto dos filamentos da espiga do millo.
- (Zooloxía) Apéndice filiforme que teñen algúns peixes presentan na mandíbula inferior.
- Exemplo: A faneca, o salmonete ou a maruca teñen barbas, a pescada ou a sardiña, non.
- Exemplo: A faneca, o salmonete ou a maruca teñen barbas, a pescada ou a sardiña, non.
- (Zooloxía) Cada un dos fíos que, unidos entre si, forman as plumas das aves.
- (pl.) (Zooloxía) Láminas de queratina que os cetáceos misticetos (baleas) posúen na boca, penduradas do maxilar superior, para filtra-la auga e rete-lo alimento.
- Exemplo: O tamaño e cor das barbas das baleas permite identifica-la especie.
- Exemplo: O tamaño e cor das barbas das baleas permite identifica-la especie.
- (Figurado) Vellez, experiencia, sabiduría.
- Exemplo: Calen barbas e falen cartas.
- Exemplo: Calen barbas e falen cartas.
Sinónimos
Expresións relacionadas
- barbas de raposo: cuscuta, planta parasita.
- Sinónimos: (1) corga, cuscuta, liño de cobra, liño de cuco, liño de raposa, pelos de raposa, pelo dos toxos
- facerlle a barba [a alguén]: ademais do sentido recto: afeitar ou recorta-la barba a alguén, úsase co significado de amolar ou xogar unha mala pasada a alguén.
- nas barbas [de alguén]: na súa cara, na súa presencia. Non tivo aquela de non rirse nas miñas barbas.
- por barba: parte alícuota que ten que pagar a cada quen. Tocamos a 35 euros por barba.
- subírselle ás barbas [a alguén]: faltarlle ó respecto a unha persoa anciá ou ó noso superior.
- verlle as barbas á xustiza: verse metido en xuízos, verse denunciado e apurado.
Traducións
(1) Pelo no queixo
(6) Láminas das baleas
Asturiano
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.βa/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbes)
- (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
- (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
- (Botánica) Barba, filamentos do millo.
- (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.
Sinónimos
- (3) barbaya
Castelán
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbas)
- (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
- (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
- (Botánica) Barba, filamentos do millo.
- (Zooloxía) Barba, cada un dos fíos que forman as plumas das aves.
- (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.
Sinónimos
Expresións relacionadas
- con toda la barba
- llevar a alguien de la barba
- mentir por la barba
- subirse alguien a las barbas de otra persona
- tener alguien pocas barbas
- tirarse de las barbas
Catalán
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbar.bə/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbes)
- (Anatomía) Barba, pelo no queixo.
- (Anatomía) Barba, queixo, parte inferior da cara.
- (Botánica) Barba, filamentos do millo.
- (Zooloxía) Barba, cada un dos fíos que forman as plumas das aves.
- (Zooloxía) (pl.) Barbas, láminas das baleas na boca.
Sinónimos
- (2) barbeta
Expresións relacionadas
Italiano
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbe)
Expresións relacionadas
Occitano
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.βo/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbas)
Portugués
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.bɐ/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbas)
Expresións relacionadas
Siciliano
- Etimoloxía: do latín barba, do protoindoeuropeo *bʰardʰeh₂.
- Pronuncia: /ˈbaɾ.ba/ (AFI)
barba (sg: barba; pl: barbi)