batería
Galego
- Etimoloxía: do francés batterie.
- Pronuncia: /batɛˈɾia̝/ (AFI)
batería (sg: batería; pl: baterías)
- (Exército) Conxunto de armamento que permite unha actividade sincronizada, normalmente referido a pezas de artillería.
- (Arquitectura) (Exército) Fortificación destinada a conter pezas de artillería reunidas e a cuberto.
- Sistema eléctrico baseado en pilas ou acumuladores, batería eléctrica.
- (Música) Instrumento musical de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada.
- Músico que toca ese instrumento. Tamén susbtantivo masculino.
- (Alimentación) Batería de cociña, conxunto de utensilios necesarios para a cociña, normalmente de metal.