brasicáceas
Galego
- Pronuncia: /βɾa.si.'ka.θe.as/ ou /βɾa.si.'ka.se.as/ (AFI)
brasicáceas
- (Botánica) Familia de plantas anxiospermas dicotiledóneas principalmente herbáceas, distribuídas por todo o mundo, particularmente en zonas temperadas e frías, que inclúen especies de importancia económica, tanto hortícolas, como ornamentais, oleaxinosas, forraxeiras e outras usadas como condimento.