cadela
Galego
- Pronuncia: /kaˈðɛla̝/ (AFI)
cadela (sg: cadela; pl: cadelas)
- Femia do can.
- Termos relacionados: cuza.
- Moeda de cobre antigua que hoxe está fóra de circulación e que valía cinco céntimos.
- Sinónimos: can, can pequeno, carocha.
- (Zooloxía) Ameixa babosa. Aplícase tamén a outros moluscos bivalvos.
- (Figurado) Muller de mal xenio e que adoita berrar ós demais.
- (Zooloxía) Insecto da orde dos dermápteros.
- Sinónimos: bicha sara, cadela de frade, forcadela, rapacarallas.
Sinónimos
- (3) ameixa babosa, cadelucha
Véxase tamén
- cadela da pataca
- cadela da verdura
- cadela das tetas longas
- cadela de cen patas
- cadela de frade
- non ter unha cadela
- non valer unha cadela
- a paso de cadela