caroteno
Galego
- Etimoloxía: do baixo latín carota (cenoria) que, á súa vez, é un préstamo do grego antigo καρωτόν, probabelmente derivado de κάρα (cabeza, rostro), e «-eno».
caroteno (sg: caroteno; pl: carotenos)
- (Química orgánica e bioquímica) Nome xenérico de varios pigmentos amarelos, alaranxados ou vermellos, que son hidrocarburos tetraterpénicos isómeros, de fórmula C40H56, e que constitúen uns dos carotenoides máis importantes. Áchase na cenoria e nas follas verdes dos vexetais, e tamén no leite e no sangue. Teñen grande importancia na alimentación humana, porque a vitamina A fórmase no organismo pola descomposición destes hidrocarburos.
- Exemplo: Debido a esta propiedade, os carotenos adoitan denominarse provitamina A.
- Exemplo: Debido a esta propiedade, os carotenos adoitan denominarse provitamina A.
Sinónimos
Observacións
- Moitas veces úsase esta palabra, impropiamente, como sinónimo de carotenoide.