cet-
Galego
cet-1
- Etimoloxía: de «cetona».
cet-
- Definición impropia: elemento de composición empregado para formar os nomes dalgúns termos científicos, especialmente en química orgánica e medicina, indicando o significado de «cetona» ou «relacionado coas cetonas», como en cetosa, cetoéster, cetose.
Termos relacionados
cet-2
- Etimoloxía: do latín cētus, -i, «mostro mariño», «animal da familia dos cetáceos» (balea, golfiño, etc.).
cet-
- Elemento de composición empregado para formar os nomes dalgúns termos científicos indicando o significado de «pertencente á familia dos cetáceos», como en cetoloxía.