coello
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués cõello, do latín vulgar *cuniclus, do latín cuniculus.
- Pronuncia: /koˈeʎo̝/ (AFI)
coello (sg: coello; pl: coellos)
- (Zooloxía, alimentación) Mamífero da familia da lebre, coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas cás de diante, que vive en estado salvaxe e tamén se cría como animal doméstico, para aproveitar a súa carne e a súa pel.
- Nome científico: Oryctolagus cuniculus
- Exemplo: Saíron a mercar coellos para facer un guiso.
Sinónimos
Variantes
Termos relacionados
Traducións
- Arapaho: nowootooku (arp).
- Asturiano: coneyu (ast), conexo (ast).
- Castelán: conejo (es).
- Catalán: conill (ca)
- Checo: králík (cs).
- Cheién: vóhkóóhe (chy).
- Danés: kanin (da)
- Esloveno: kunec (sl).
- Francés: lapin (fr).
- Inglés: rabbit (en).
- Náhuatl de Morelos: tochtle (nhm)
- Noruegués: kanin (no)
- Occitano: conilh (oc)
- Polaco: królik (pl).
- Portugués: coelho (pt).
- Sueco: kanin (sv)
- Vasco: untxi (eu)