corvo mariño cristado

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corvo mariño cristado».
  •   Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo kɾisˈtaðo/ (AFI)

  Locución substantiva masculina

corvo mariño cristado (sg: corvo mariño cristado; pl: corvos mariños cristados)

  1. (Ornitoloxía) Ave pelecaniforme da familia dos falacrocorácidos, Phalacrocorax aristotelis Linné, de 76 cm de lonxitude, co pescozo lixeiramente máis fino e curto có do corvo mariño real, e peteiro máis pequeno, plumaxe totalmente negra con reflexos verdosos, e que loce na época de cría unha crista de plumas, ao que alude o seu nome. Vive nas costas rochosas do occidente da rexión paleártica. En Galicia é especie nidificante, sendo bastante abundante e actualmente en expansión.
    • Exemplo: Da Illa a San Sadurniño/ pasa esguío, silencioso,/ retinto corvo mariño.

      (Ramón Cabanillas)
    • Sinónimos: alavanco, canilonga, coca, corvo.
 
Corvo mariño cristado en voo.
 
Colonia de corvos mariños cristados en Runde (Noruega).

Traducións