Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corvo mariño».
  •   Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo/ (AFI)

  Locución substantiva masculina

corvo mariño (sg: corvo mariño; pl: corvos mariños)

  1. (Ornitoloxía) Nome común das aves pelecaniformes da famila dos falacrocorácidos, que son aves acuáticas grandes, de plumaxe escura e bico longo, coa punta ganchuda, que voan en formacións en "V", coma os patos e gansos. Nadan co corpo mergullado até a altura da cola. Aliméntanse de peixes, que capturan mergullándose. É frecuente velos pousados nos cons coas ás entreabertas, en postura característica, para secaren as plumas, xa que non teñen glándulas de graxa impermeabilizante, coma os anátidos. En Galicia habitan dúas especies, o corvo mariño cristado e o corvo mariño real.

Traducións