corvo mariño real

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corvo mariño real».
  •   Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo reˈal/ (AFI)

  Locución substantiva masculina

corvo mariño real (sg: corvo mariño real; pl: corvos mariños reais)

  1. (Ornitoloxía) Ave pelecaniforme da familia dos falacrocorácidos, Phalacrocorax carbo Linné, de gran tamaño (até 76 cm de lonxitude), coa plumaxe negra, parecido ao corvo mariño cristado do que se diferencia, ademais de polo seu maior tamaño, polo pescozo proporcionalmente máis curto e groso e o peteiro maior e amarelo na base, por presentar as meixelas e a barbela brancos, e por non ter adornada a cabeza con crista na época nupcial, e si en cambio unha mancha branca nas coxas. Distribúese polo sur de Europa, Asia, África e Oceanía. En Galicia é visitante invernal (de setembro a marzo), polo que non aniña aquí.

Galería

Corvo mariño real fotografado en diversos lugares do mundo

Traducións

Véxase tamén