de parte de
Galego
- Pronuncia: /ðe̝paɾte̝ðe̝/ (AFI)
- Nunha postura favorable a [algo ou alguén] nun asunto no que existen varias posturas posibles mutuamente excluíntes.
- Exemplo: Prefiro non poñerme de parte de ninguén mentres poida evitalo.
- Sinónimos: a favor de, en favor de.
- Exemplo: Prefiro non poñerme de parte de ninguén mentres poida evitalo.
- Reproducindo o que dixo [algo ou alguén].
- Exemplo: De parte de Iria, que mires a ver se xa chegou o que encargastes.
- Termos relacionados: en nome de.
- Exemplo: De parte de Iria, que mires a ver se xa chegou o que encargastes.
Observacións
- «de [algo ou alguén]» pode substituírse por un posesivo cando se queira facer referencia a un pronome persoal.
- Exemplo: Púxenme de parte súa, pero ela coma se nada.
- Exemplo: Púxenme de parte súa, pero ela coma se nada.
- Ao utilizar un posesivo, este pode situarse entre «de» e «parte», contraéndose «de» co artigo correspondente ao posesivo.
- Exemplo: Púxenme da súa parte, pero ela coma se nada.
- Exemplo: Púxenme da súa parte, pero ela coma se nada.