eparquía
Galego
- Etimoloxía: do latín eparchia, do grego antigo ἐπαρχία (eparkhía).
eparquía (sg: eparquía; pl: eparquías)
- (Historia) Designación das provincias romanas nos territorios orientais do Imperio Romano.
- Termos relacionados: eparca.
- (Xeografía, política) División administrativa de Chipre, e antiga división territorial de Grecia.
- (Cristianismo) División territorial eclesiástica rexida por un bispo nas igrexas cristiás orientais, equivalente a unha diocese.
- Termos relacionados: arquieparquía, arquieparquía maior.
Traducións
(Todos os significados).
|