división
Galego
- Pronuncia: /di.βi.'sjoŋ/ (AFI)
división
(sg: división; pl: divisións)
- Acción e efecto de dividir ou dividirse.
- Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.
- Aquilo que serve para dividir.
- Desacordo entre un grupo de persoas.
- (Bioloxía) Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.
- (Bioloxía) Tipo de reprodución asexual pola que un individuo pode dar orixe a dous ou máis individuos.
- (Botánica) Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais.
- (Deportes) Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico.
- (Exército) Unidade militar que está constituída por unidades das diversas armas e servizos, e que dispón de capacidade loxística propia para actuar de forma independente ou que serve de base para formar outras grandes unidades superiores.
- (Xeografía) Cada unha das partes en que se estrutura o territorio dun Estado co fin de facilitar as funcións administrativas.
- (Xeografía) Circunscrición administrativa de primeira orde en Bangladesh, Gambia e Xamaica.
Termos relacionados
división acoirazada, división celular, división de poderes, división do traballo, división ecuacional, división esquizogónica, división esquizoxenética, división harmónica, división homeotípica, división meiótica, xeneral de división.