Galego

  •   Pronuncia: /eɣ̞s.θiˈt̪aɾ/ ou /eɣ̞.siˈt̪aɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

excitar

  1. Provocar ou producir unha reacción ou unha resposta en algo ou en alguén.
  2. Ocasionar o estimular un sentimento ou pasión.
  3. Causar en alguén entusiasmo, enoxo ou alegría.
  4. Producir a alguén nerviosismo ou impaciencia.
  5. Provocar desexo sexual.
  6. (Bioloxía) Producir ou intensificar, mediante un estímulo, a actividade dunha célula, dun órgano ou dun organismo.
  7. (Física) Crear un campo magnético mediante o paso dunha corrente eléctrica por un condutor.
  8. (Física) Poñer en oscilación un circuíto eléctrico.
  9. (Física) Facer pasar un electrón dun átomo dun nivel cuántico a outro máis alto.

  Verbo pronominal

excitarse

  1. Poñerse moi nervioso.
  2. Sentir desexo sexual.

Termos relacionados

excitábel, excitable, excitabilidade, excitación, excitador, excitante, excitativo.