Galego

  Substantivo feminino

faldra (sg: faldra; pl: faldras)

  1. Prenda de vestir feminina, que cae solta desde a cintura ata distintas alturas.
    • Exemplo: Cada vez levan a faldra máis curta.

  2. Parte inferior dun vestido, da cintura para abaixo.
  3. Peza de tea coa que se cobren algunhas mesas, chegando case ao chan.
    • Exemplo: As faldras desa mesa de noite son espantosas.

  4. Terreo en costa que baixa dunha montaña ata o pé.
    • Exemplo: As últimas casas rubían pola faldra da montaña.

  5. (Alimentación) Peza de carne de porco ou vacúa que se obtén da parede abdominal, entre as últimas costelas e a coxa.
    • Exemplo: A faldra vai perfecta para o rolo de carne.

  6. (Tecnoloxía) Parte lateral dos motores de combustión interna.

Sinónimos

Traducións