fecundo
Galego
- Pronuncia: /fɛ.ˈkuŋ̍.ðo̯/ (AFI)
fecundo (ms: fecundo; mpl: fecundos; fs: fecunda; fpl: fecundas)
- Que procreou.
- Exemplo: A vaca nova xa tivo unha cría, é fecunda.
- Exemplo: A vaca nova xa tivo unha cría, é fecunda.
- Que se reproduce ou procrea con facilidade ou abundantemente.
- Exemplo: Os coellos son animais moi fecundos.
- Exemplo: Os coellos son animais moi fecundos.
- Fértil, que produce moita vexetación ou fai posíbel o seu desenvolvemento.
- Exemplo: Terra fecunda. O fecundo Nilo.
- Exemplo: Terra fecunda. O fecundo Nilo.
- Cheo, con abundancia.
- Exemplo: Os séculos XIX e XX foron fecundos en bos escritores. Foi unha xornada fecunda de acontecementos.
- Exemplo: Os séculos XIX e XX foron fecundos en bos escritores. Foi unha xornada fecunda de acontecementos.
- Que crea abundantes obras ou produce bos resultados.
- Exemplo: Un escritor fecundo. Unha idea fecunda.
- Exemplo: Un escritor fecundo. Unha idea fecunda.
Sinónimos
feraz, fértil, frutífero, produtivo