Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «francés antigo».

  Substantivo masculino

francés antigo

  1. (Linguas do mundo) Reagrupa do conxunto das linguas romances da familia das linguas de oïl faladas aproximadamente na metade norte do territorio francés actual, dende o século X ata o século XIV aproximadamente. Provén dunha forma do latín vulgar presente en toda a Romania. É seguido, historicamente, polo medio francés. Estas distincións temporais do estado da lingua foron definidas non obstante de modo relativamente arbitrario e recente polos lingüistas. Dende o punto de vista dos locutores, a evolución era pouca ou non sentida, posto que o latín evolucionou cara ao francés de modo continúo e progresivo, sen que un corte sexa percibido entre diferentes estadios desta evolución.


Traducións