gateira
Galego
- Pronuncia: /ɡaˈtejɾa̝/ (AFI)
gateira (sg: gateira; pl: gateiras)
- Furado feito na parte baixa da porta da casa para que entren e saian os gatos cando está fechada.
- Parte do forno de leña para onde se botan as cinzas.
- Sinónimos: boquelo, borralleira, borralleiro, cinceira, cinceiro, cinseira, cinseiro, fornalla, fornalleira, fornela, pateira.
- (Mariña) Tubo pola que ingresa a cadea da áncora á caixa de cadeas.
- Pequena abertura nun muro, feita para deixar pasar a auga da chuvia.
- Lugar por onde se abre unha canle de auga ou unha presa para dirixir un curso de auga cara a un fin, como regar.
- Sinónimos: augueiro, torna, tornadoiro, torneira.
- (Botánica) Herba dos gatos.
- Sinónimos: herba do gato, herba gateira, nébeda.
- Nome científico: Nepeta cataria.