Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hábitat».
  •   Etimoloxía: do latín habĭtat, 3ª persoa de sing. do pres. de indic. de habitāre, "habitar".
 
Arrecife de coral, hábitat rico para a vida mariña

  Substantivo masculino

  1. (Ecoloxía) Un hábitat é o lugar ou o tipo de lugares onde vive unha especie de organismo particular ou onde a súa poboación aparece de xeito natural.
    • Exemplo: Un hábitat está caracterizado por características tanto físicas como biolóxicas.

  2. (Ecoloxía) Tamén dise do ambiente ou conxunto de condicións dese ambiente que permiten a especie estea presente alí.
  3. Conxunto de feitos xeográficos que fan referencia á residencia das persoas.
    • Exemplo: Hábitat urbano. Hábitat rural.

  4. Conxunto de condicións en que se desenvolve a vida dunha persoa.
    • Exemplo: Mellora do hábitat.

Termos relacionados

destrución do hábitat
fragmentación do hábitat