Galego

  •   Pronuncia: /eɾ.'ðaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

herdar

  1. (Dereito) Recibir algo á morte do seu posuidor por disposición testamentaria ou legal.
    • Exemplo: Herdei cinco leiras do meu avó.

  2. (Dereito) Suceder, por disposición testamentaria ou legal, a alguén na posesión dos bens e accións que tiña ao tempo da súa morte.
    • Exemplo: Á miña morte herdaránme meus fillos.

  3. (Figurado) Recibir de alguén algo que xa usaran con anterioridade outras persoas.
    • Exemplo: Son o menor de oito irmáns, e herdei moitos pantalóns usados.

  4. (Historia) Recibir determinadas circunstancias ou condicións sociais ou culturais dos predecesores.
    • Exemplo: Moitas cousas e costumes herdámolas dos antigos romanos.

  5. (Xenética) Recibir, os descendentes, os caracteres biolóxicos dos proxenitores.
    • Exemplo: Segundo os xenes que herdamos somos homes ou mulleres.