Grafías semellantes:     Hidra

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hidra».
  •   Pronuncia: /ˈiðɾa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

hidra (sg: hidra; pl: hidras)

  1. (Mitoloxía) Serpe fabulosa con varias cabezas que se rexeneraban cando eran cortadas.
  2. (Zooloxía) Calquera de varios pequenos pólipos de auga doce do xénero Hydra, que posúen un corpo cilíndrico e unha abertura oral rodeada de tentáculos, capaces de rexenerar.
  3. (Figurado) Problema ou situación complexa, de non fácil e rápida solución; perigo, ameaza que atormenta; dano, mal moi difíciles de eliminar.

Traducións