Galego

  •   Pronuncia: /e.li.mi.ˈnar/ (AFI)

  Verbo transitivo

eliminar

  1. Botar a alguén ou a algo dun grupo, nun proceso de selección.
    • Exemplo: Eliminaron os candidatos con menos títulos. O equipo foi eliminado na primeira volta.

  2. Facer desaparecer unha cousa.
    • Exemplo: Meu fillo, non se poden eliminar todos os perigos. Eliminei a dor con analxésico.

  3. Botar fóra do organismo.
    • Exemplo: Eliminamos a auga do noso corpo a través da urina e do suor.

  4. (Deportes) En certas competicións deportivas, vencer ao rival, impedíndolle con iso seguir participando na competición.
  5. (Matemáticas) Nun sistema de ecuacións con varias incógnitas, facer desaparecer, por medio do cálculo, unha delas.
  6. (Figurado) Matar a alguén.
    • Exemplo: Os mafiosos eliminárono porque sabía demasiado.

Termos relacionados

Traducións

Conxugación