Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «botar».

botar1

  •   Pronuncia: /boˈtaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

botar

  1. Facer saír a alguén ou a algo dun sitio.
  2. Poñer, servir comida ou bebida.
    • Exemplo: Bótame un viño.
  3. Aplicar, dar, pór.
    • Exemplo: Vouche botar unha pomada moi boa.
  4. Escorrentar, espantar.
    • Exemplo: Bota o gato fóra da casa.
  5. Emitir, poñer
    • Exemplo: Mañá botan na tele unha película de amor.
  6. Calcular, aproximar.
    • Exemplo: Eu a Andrés bótolle que terá uns trinta anos.
  7. Dar, repartir.
    • Exemplo: Bótame unha boa carta.
  8. Estar un tempo determinado nalgún lugar.
  9. Pronunciar, dicir.
    • Exemplo: O cura botou un sermón...
  10. Sementar, plantar.
    • Exemplo: Mañá boto os nabos.
  11. Meter na auga un barco novo.

Traducións

Conxugación


botar2

  •   Pronuncia: /boˈtaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

botar

  1. Bater un corpo contra algo para que saia despedido.

  Verbo intransitivo

botar

  1. Saír despedido un corpo elástico tras bater nun obstáculo

Conxugación