Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ichavo».
  •   Pronuncia: /iˈt͡ʃaβo/ (AFI)

  Substantivo masculino

 
Moeda de dous maravedís de 1744.

ichavo (sg: ichavo; pl: ichavos)

  1. Antiga moeda española de cobre, cun valor de dous maravedís, acuñada desde o reinado de Filipe III até mediados do século XIX. Recibe o seu nome por pesar orixinariamente un oitavo de onza, se ben co paso do tempo foi perdendo peso malia conservar o seu valor.
    • Exemplo: Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na hucha do peito

      (Castelao: Cousas, do relato "Cando Bieito quedou orfo").
    • Exemplo: Ichaviño a ichaviño vou juntando un realciño

      (Juan Sobreira Salgado: Papeletas de un diccionario gallego, 1792-1797).
    • Exemplo: O que ichavo nace nunca a carto chega

      (Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, 1958-1961).

Termos relacionados