lindeiro
Galego
lindeiro (ms: lindeiro; mpl: lindeiros; fs: lindeira; fpl: lindeiras)
- Que linda con outra propiedade.
- Exemplo: Fixeron a festa na camposa lindeira coa igrexa, pero o abade ben que protestou.
- Sinónimos: estremeiro
- Exemplo: Fixeron a festa na camposa lindeira coa igrexa, pero o abade ben que protestou.
lindeiro (sg: lindeiro; pl: lindeiros)
- (Agricultura) Franxa de terra sen cultivar que se deixa entre dúas leiras contiguas.
- Exemplo: Na zona oriental de Galicia plantan abelairas nos lindeiros das terras, co propósito de manteren lonxe as cobras.
- Sinónimos: derrega, derrego, estrema, estremeiro, lindeiro, marcaxe, márdea, marxe.
- Sinónimos: andaboi, pasaboi
- Sinónimos: cómaro, cómbaro, comareiro
- Termos relacionados: alindar, pastorear
- Observacións: Adoita utilizarse para dar a volta ó arado (sen entrar na terra do veciño) ou para pastorear as vacas.
- Exemplo: Na zona oriental de Galicia plantan abelairas nos lindeiros das terras, co propósito de manteren lonxe as cobras.
- (Agricultura) Prado de secano a onde se leva o gando a pacer.
- Exemplo: ¿Pra onde vas, Marica?/ Vouche pra o lindeiro/ a alindar a ovella e mais o carneiro.
- Exemplo: ¿Pra onde vas, Marica?/ Vouche pra o lindeiro/ a alindar a ovella e mais o carneiro.