Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lisina».

  Substantivo feminino

lisina (sg: lisina; pl: lisinas)

  1. (Bioquímica) Aminoácido esencial (para a especie humana e os animais de abasto), de fórmula molecular C6H14N2O2 e símbolo Lys ou K.
    • Exemplo: As proteínas animais (carnes, leite e produtos lácteos, pescado, ovos) son boas fontes de lisina, pero non as proteínas dos cereais.

    • Sinónimos: ácido 2,6-diaminohexanoico
  2. (Bioquímica) Denominación común a varias enzimas hidrolíticas producidas polos virus para destruír a parede celular do hóspede e liberar así os virións replicados na célula infectada.
    • Exemplo: As lisinas poden ser utilizadas como axentes antibacterianos debido á súa alta efectividade e especificidade en comparación cos antibióticos.

    • Sinónimos: endolisina, mureína hidrolase

Traducións