metano
Galego
- Pronuncia: // (AFI)
metano
- (Química) Hidrocarburo de fórmula CH4, o primeiro membro da serie dos alcanos. É un gas máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamábel. Encóntrase no gas natural, no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto de descomposición da materia nos pantanos. É un dos gases máis importantes do efecto invernadoiro, polo que contribúe ao quecemento global da Terra.
Sinónimos
gas natural, gas dos pantanos, hidruro de metilo, tetrahidruro de carbono