Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «misión».
  •   Pronuncia: /mi.'sjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

misión (sg: misión; pl: misións)

  1. Obra ou traballo que se lle manda facer a alguén.
    • Exemplo: Os soldados tiñan a misión de se introduciren nas filas inimigas.

  2. Aquilo para o que unha cousa está feita ou que unha persoa ten que desempeñar.
    • Exemplo: A misión dun xormal é informar. Os médicos teñen a misión de previr e curar as enfermidades.

  3. Grupo de persoas que se despraza a un lugar determinado para realizar certas actividades.
    • Exemplo: Unha misión de zoólogos foi a Groenlandia para estudar o declive da poboación de focas.

  4. (Relixión) Actividade dos misioneiros.
    • Exemplo: Ese frade pasou a maior parte da súa vida nas misións.

  5. (Relixión) Lugar ou establecemento onde se realiza esta actividade.
    • Exemplo: Naquela misión do Congo acollían a moitos nenos orfos, vítimas da guerra.

Termos relacionados

misión cristiá, misión diplomática, misión espacial, misión organizativa.