Observacións: Fanse de pel de can, ovella, xabaril, porco, lobo ou raposo, e van cheas de palla ou pelo. A pel prolóngase e dá a volta sobre o xugo (as cubertas ou cuberteiras), para protexer do sol e a chuvia as correas que atan os cornos ó xugo, e rematan nuns flocos que caen sobre os ollos da xugada (as milfeiras).
Exemplo:O cazador despechoulle un tiro e matouno. Despois quitoulle a pelica pra facer unhas coberteiras pra as mulidas.