Galego

  •   Pronuncia: /naˈsal/ (AFI)

  Adxectivo

nasal (sg: nasal; pl: nasais)

  1. Relativo ou pertencente ó nariz.
    • Exemplo: Tiña unha infección nas fosas nasais.

  2. Son no que o nariz actúa como caixa de resonancia, en contraposición co son oral, no que actúa a cavidade da boca.
    • Exemplo: Hai linguas, como o galego, que teñen vocais nasais, outras non.

    • Sinónimos: oronasal.

Traducións

  Substantivo masculino

 
Cranio humano: en verde e á esquerda, o nasal
  1. (Anatomía) Óso do cranio de pequeno tamaño, par, que forma a ponte do nariz.
  2. Parte do casco dos cabaleiros medievais que protexía o nariz.

Traducións