Galego

  •   Pronuncia: /ɔ.poɾ.'t̪u.no̯/ (AFI)

  Adxectivo

oportuno (ms: oportuno; mpl: oportunos; fs: oportuna; fpl: oportunas)

  1. Que se fai ou ocorre en tempo e lugar adecuados ou cando convén.
    • Exemplo: Foi unha visita moi oportuna Iremos alá no momento oportuno. As túas respostas foron moi oportunas.

  2. Que fai algo no momento e nas circunstancias adecuadas.
    • Exemplo: Que oportuno! Iámoste chamar agora mesmo.

Antónimos

intempestivo

Sinónimos

conveniente, favorábel, favorable, propicio