Galego

  •   Pronuncia: /ori‧ʃi‧nal/ (AFI)

  Adxectivo

orixinal (sg: orixinal; pl: orixinais)

  1. Relativo ou pertencente á orixe, ao principio.
    • Exemplo: Esta palabra perdeu o seu sentido orixinal. Edición orixinal. Lingua orixinal. Pecado orixinal.

  2. Que provén directamente do autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra.
    • Exemplo: Cadro orixinal. Escultura orixinal. Quitáronlle o premio porque a novela non era orixinal súa.

  3. Que non se axusta ao acostumado, que é propio ou característico da persoa de que se trata.
    • Exemplo: Gústalle vestir de maneira orixinal. Sempre nos sorprende con algo; é unha persoa moi orixinal. Un artista orixinal. Un cadro orixinal.

  Substantivo masculino

orixinal (sg: orixinal; pl: orixinais)

  1. Texto primeiro, escrito á man ou á máquina, do que se poden facer reproducións.
    • Exemplo: Mandou á imprenta o orixinal da obra. Ao director non lle gustou o guión orixinal e mandou facer cambios

      .
  2. Persoa ou cousa representada ou descrita pola arte.
    • {{exemplo|O retrato resultou bastante peor ca o orixinal. No castelo da película aparecen elementos que o orixinal non tiña.

Termos relacionados

graza orixinal, orixinalidade, pecado orixinal, xustiza orixinal.