quelicerados
Galego
- Etimoloxía: de quelícero.
- Pronuncia: /ke.li.θe.'ɾa.ðos/ ou /ke.li.se.'ɾa.ðos/ (AFI)
quelicerados
- (Zooloxía) Subfilo do filo dos artrópodos que se diferencian dos demais artrópodos, entre outras cousas, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome); na súa maior parte son depredadores, e sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico, e cos que están relacionados filoxeneticamente.