Galego

 
Patacas Pringles: antes 200 g, agora 165 g

  Substantivo feminino

reduflación (sg: reduflación; pl: reduflacións)

  1. (Economía) Proceso que consiste en reducir o tamaño do envase ou a cantidade de produto mantendo o prezo ou mesmo incrementándoo un pouco.
    • Exemplo: A reduflación supón unha forma de fraude ós dereitos do consumidor, pero non está prohibida.

Termos relacionados

Traducións