Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tiburón».
  •   Pronuncia: [ti.βuˈɾoŋ] (AFI)

  Substantivo masculino

tiburón (sg: tiburón; pl: tiburóns)

  1. (Ictioloxía) Peixes cartilaxinosos elasmobranquios integrantes da superorde dos selaquimorfos (Selachimorpha) ou euselaquios (Euselachii, "tiburóns verdadeiros"). Caracterízanse por ser grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples guerlas (xeralmente cinco) ós lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbles na boca.

Traducións


Castelán

  Substantivo masculino

tiburón

  1. (Ictioloxía) Tiburón, quenlla.