tragacanto
Galego
- Pronuncia: /tɾaɣaˈkanto̝/ (AFI)
tragacanto (sg: tragacanto; pl: tragacantos)
- (Botánica) Planta arbustiva da familia das papilonáceas, especialmente Astracantha gummifer ou Astragalus gummifer, orixinario de Asia menor.
- (Alimentación) Polisacárido natural resinoso branco obtido do talo de varias especies de Astragalus, que se emprega na industria alimentaria, farmacéutica e téxtil.
- Sinónimos: goma de tragacanto.
- Observacións: Número CE: E-413, empregado como emulxente, espesante, xelificante ou estabilizante.