tributo
Galego
- Pronuncia: /tri.'βu.to̯/ (AFI)
tributo (sg: tributo; pl: tributos)
- Cantidade que o cidadán paga para contribuír á facenda pública.
- Exemplo: O encargado de cobrar os tributos é o Ministerio de Facenda.
- Exemplo: O encargado de cobrar os tributos é o Ministerio de Facenda.
- (Historia) Contribución en diñeiro, especies ou servizos que un súbdito debía pagar, na Idade Media, ao seu señor, ao rei ou á Igrexa.
- Exemplo: A chamada loitosa era un tributo que se pagaba cando morría o súbdito.
- Exemplo: A chamada loitosa era un tributo que se pagaba cando morría o súbdito.
- (Figurado) Sentimento de admiración, respecto, cariño ou agradecemento para alguén.
- Exemplo: Rendéronlle un último tributo no funeral. Recibide isto como tributo da nosa vella amizade pola vosa familia.
- Exemplo: Rendéronlle un último tributo no funeral. Recibide isto como tributo da nosa vella amizade pola vosa familia.
- (Figurado) Carga ou obriga que se debe pagar ou soportar a cambio de gozar de algo.
- Exemplo: A tensión é o tributo dos tempos modernos.
- Exemplo: A tensión é o tributo dos tempos modernos.
- (Figurado) Aquilo que se sofre por razóns morais, de deber, etc.
- Exemplo: A vida sempre acaba cobrando o seu tributo.
- Exemplo: A vida sempre acaba cobrando o seu tributo.