zambomba
Galego
zambomba (sg: zambomba; pl: zambombas)
- (Música) Instrumento musical de percusión, concretamente un tambor de fricción. Consiste nun cilindro oco máis ou menos grande que pode ser de distintos materiais (cerámica, madeira, etc.) Cun dos seus extremos pechado cun parche, o cal atravésase polo centro cunha varilla, a cal pode ser de madeira ou outros materiais. Esta varilla, en ocasións, é substituída por unha corda. Ao fregar a varilla, a zambumba produce un son grave e peculiar.