África Oriental
Galego
África Oriental
- Subrexión na que a ONU divide o mundo. Está composta por: Etiopía, Eritrea, Djibuti, Somalia, Madagascar, Mauricio, Comores, Seychelles, Uganda, Ruanda, Burundi, Kenya, Sudán do Sur, Mozambique e Malaui. Limita ao norte con África do Norte, ao nordeste co mar Vermello e o golfo de Adén, ao leste co océano Índico, ao sur con África Austral e ao oeste con África Central. Xeograficamente destaca o Val do Rift, onde se encontran as montañas máis altas do continenteː o Kilimanjaro (5895 m) e o Monte Kenya (5199 m).