Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ástato».
  •   Pronuncia: /ˈas.ta̯.to̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

ástato

  1. (Química) Elemento químico altamente radioactivo de símbolo At, número atómico 85, e masa atómica 210, obtido artificialmente, que é o máis pesado dos halóxenos, de propiedades químicas similares ás do iodo e cuxos isótopos son inestábeis.
    • Exemplo: O ástato orixínase a partir da degradación do uranio e o torio.