-izo
Galego
- Pronuncia: /iθo̯/ ou /iso̯/ (AFI)
-izo
(ms: -izo; mpl: -izos; fs: -iza; fpl: -izas)
- Forma adxectivos derivados de adxectivos que adoitan denotar semellanza: crebadizo, enfermizo.
- Forma derivados de substantivos que indican posesión do significado polo primitivo ou das súas calidades: cobrizo, sombrizo.
- Forma derivados de participios que indican propensión a executar, causar ou recibir a acción do verbo primitivo: esvaradizo, olvidadizo. Os derivados de participios en -ido adoitan cambiar o i en e: acolledizo, corredizo.
- Ás veces aparece en substantivos que adoitan designar lugar: cobertizo, pasadizo.