-torio
Galego
- Pronuncia: /'to.rio/ (AFI)
-torio (m: -torio; f: -toria)
- Prefixo que serve para formar adxectivos e substantivos derivados de verbos. Toma a forma -atorio se o verbo base é da primeira conxugación: observatorio, reclinatorio, reformatorio, e -itorio, se é da terceira: dormitorio, escritorio, paritorio. Os adxectivos denotan relación coa acción do verbo base: dedicatorio, definitorio, operatorio. Os substantivos adoitan significar lugar: conservatorio, laboratorio, observatorio.