Catalina de Fonseca y Ulloa
Galego
Catalina de Fonseca y Ulloa, filla do doutor Juan Alonso de Ulloa y Monterroso, señor de Villabarca e conselleiro real de Xoán II de Castela, e da súa esposa Beatriz Rodríguez de Fonseca, foi unha muller pertencente á burguesía de Santiago de Compostela, onde desempeñou un papel importante e fóra do común nas mulleres da súa época. Foi a nai de Alonso de Fonseca y Acevedo, que foi arcebispo de Santiago de Compostela. .