Conversa:efracción

1 En Medicina.

   Ruptura dun órgano, músculo ou óso.

2 En Dereito.

   Forzamento ou ruptura das medidas de seguridade que protexen un lugar.


3 En Psicoloxía.

   Vulneración ou penetración dun espazo que o suxeito desexaba manter privado.

O anterior comentario fíxoo 157.88.139.46 (disc. • contribs) ás 18:53 do 3 de novembro do 2010.

Completada a entrada en galego con estas definicións, gracias pola túa achega. ─ GallaecioE logo? 21:45, 3 de novembro de 2010 (UTC)


Pronuncia editar

Creo que o "n" final está mal transcrito ao AFI. Penso que non é velar, e o /ŋ/ é o son velar, coido que debería ir /n/. O velar é menos común do que parece, apenas nunhas (/'nuŋas/) poucas palabras. --Norrin strange 21:00, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)

Todo o contrario. O -n final é case sempre velar no galego común:
En galego /N/ final realízase sempre como velar ['kɔʎeŋ] ['baŋ ẽŋ a'ʃuða 'ðele] {collen, van en axuda del}, pero cando o seguen o artigo ou o pronome persoal de terceira persoa tórnase alveolar ['kɔʎenã 'mãŋ], ['kɔʎena] {collen a man, cóllena}. Nótese que non dicimos cando segue vocal nin vocal de certas características, senón unhas formas paradigmáticas, que comezan por vocal o, a, que se non forman parte do artigo ou pronome citado esixen unha realización velar do /N/ (Álvarez Blanco, 1983: 178).
[ Furagaitas * ] 01:19, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)
    • Grazas. Algún truco para diferenciar os "es" e "os" abertos e pechados? --Norrin strange 07:16, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)
      • O galego non diferencia graficamente as vogais abertas das pechadas. Cando se emprega o til diacrítico o normal é poñerllo á vogal aberta; así, o /o/ (artigo) vs ó /ɔ/ (contracción); ves /ˈbes/ (de ver) vs vés /ˈbɛs/ (de vir). Comparándoo co castelán, unha regra (non moi exacta) é que onde o castelán leva ie/ue o galego leva [ɛ]/[ɔ]: siempre / s[ˈɛ]mpre, prueba / pr[ˈɔ]ba. Pero esta regra ten moitas excepcións (p.ex.: puente / p[ˈo]nte). Ademais moitas palabras teñen diferente pronuncia en función da distribución dialectal: [ˈe]la (oriental) / [ˈɛ]la (occidental), [ˈɔ]llo (oriental) / [ˈo]llo (occidental). [ Furagaitas * ] 18:50, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
      • Postos a recoller as pronuncias das entradas galegas, cómpre lembrar que o seseo e a gheada son fenómenos admitidos polas NOMIG. [ Furagaitas * ] 19:14, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "efracción".