Conversa Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que
Semana 32
editar- 7.08: O tema (praias) non me parece que estea moi relacionado coa lingua, nin sequera coa cultura. Furagaitas* 18:58, 5 agosto 2008 (UTC)
- 8.08: Recolle unha curiosidade a nivel cultural, pero sería preferible que tivese máis relación coa lingüística. Furagaitas* 18:58, 5 agosto 2008 (UTC)
- 9.08: Podería comezar doutro xeito, por exemplo: ...Ludwig Wittgenstein afirmaba que.... Furagaitas* 18:58, 5 agosto 2008 (UTC)
- A primeira obxección non a entendo. Se no Galizionario deben entrar tódalas palabras, sexan de ámbito lingüístico, técnico, lúdico ou o que sexa, "praia" é unha palabra máis, con tódolos seus dereitos. Evidentemente, dáme igual marcar "praia" que calquera outra cousa, pero a miña idea era precisamente non cingui-las palabras do día nin os sabías que a un punto de vista exclusivamente lingüístico.
- A segunda podo aceptala mellor, aínda que sigo aplicando a mesma filosofía. ¿"Sabías ques" só relacionados coa lingüística? non vai ser fácil, creo. A ver se logo fago outra proposta.
- A terceira admitida sen problemas. Xa me gustaría que esa frase fose miña para poder expresala en primeira persoa, pero farei o cambio que propós.
- Xa teño medio feita a semana que vén. A ver se ó longo da tarde remato e a subo para que opinedes. Saúdos. Pedro --P Lameiro 10:57, 6 agosto 2008 (UTC)
- Polo que vexo non temos o mesmo concepto desta sección. Na miña opinión, Sabías que non é o lugar nin para dar a definición dunha palabra (para iso xa temos A palabra do día) nin para falar de xeografía (recordemos que isto é un dicionario, non unha enciclopedia). Penso que o contido máis axeitado para esta sección é todo tipo de curiosidades de tipo lingüístico (etimoloxías curiosas, número de falantes dunha lingua, proverbios, etc, etc). Xa sei que buscar 366 curiosidades que cumpran este requisito non vai ser doado, pero pouco e pouco han de ir aparecendo. Conste que é a miña opinión persoal. Furagaitas* 17:13, 6 agosto 2008 (UTC)
- Tampouco non vexo a necesidade de centralo nunha palabra determinada. Furagaitas* 17:30, 6 agosto 2008 (UTC)
Cambiado o contido do día 9, o actual texto haberá que lembrarse de cambialo para o ano. Furagaitas* 14:43, 9 agosto 2008 (UTC)
Semana 33
editarA falta dos días 13 e 15, o 11 non me acaba de convencer, pero o resto están moi ben. Furagaitas* 14:43, 9 agosto 2008 (UTC)
- Agora o 11 gústame máis, pero bótalle unha ollada, está mal redactado. Ó do 15 non lle poño pegas, pero non se pode negar que é unha afirmación un pouco arriscada. Furagaitas* 15:57, 9 agosto 2008 (UTC)
Suxestións
editar- ...o documento máis antigo escrito en galego no territorio que actualmente constitúe Galicia do que hai constancia, é O Foro do bo burgo do Castro Caldelas, de 1228. (da Galipedia)
- ...A Noticia de fiadores é considerado o documento máis antigo escrito en galego, con data de 1175. (da Galipedia)
- ...o éuscaro distingue entre anaia (irmán dun varón), arreba (irmá dun varón), neba (irmán dunha muller) e ahizpa (irmá dunha muller).
- ...o sistema de escritura chinés conta cun repertorio de entre 5.000 e 10.000 caracteres diferentes, aínda que se poden chegar a contar decenas de miles de caracteres se se contan todo tipo de formas variantes, arcaicas ou sumamente raras. (da es-Wikipedia)
- ...nas linguas tonais, como a chinesa, o significado das palabras depende do ton co que se pronuncien.
- ...as dez linguas máis faladas do mundo son o mandarín, o hindi, o inglés, o español, o árabe, o portugués, o bengalí, o ruso, o xaponés e o alemán. (da en-Wikipedia)
- ...moitos dos topónimos galegos rematados en -bre, -be ou -ve (Callobre, Deixebre, O Grove, Pantiñobre, Pezobre, Trobe) derivan do elemento céltico -brix ou -bris, que significa altura. (do libro 'Lingua e territorio')
Furagaitas* 19:22, 9 agosto 2008 (UTC)
Chapeau! Se non propós unha data concreta para cada un destes "Sabías que", copiareinos na proposta da semana seguinte.
- Pero explícame as dúas primairas afirmacións, que non as entendo. Se o documento máis antigo en galego escrito en Galicia é ese Foro, ¿onde se escribiu en galego 50 anos antes o dos Fiadores?
- Antes de escribir isto preguntei a San Google, e atopei esta web que di que "... trazar los orígenes del portugués. Es observable a partir de la segunda mitad del siglo XII, relata, en textos como Notícia de Fiadores de Paio Soares Romeu o Pacto entre Gomes Pais e Ramiro Pais", de onde deduzo que esa Notícia [con til, ¿non?) sinala a orixe do portugués diferenciándose do galego. Xa mo explicarás.
- corrixirei ese dobre "recolle".
- Saúdos, Pedro --P Lameiro 20:40, 9 agosto 2008 (UTC)
Primeiro unhas ligazóns:
O primeiro século so português escrito, Os mais antigos textos escritos em português, w:Galego-portugués#Documentos máis antigos en galego-portugués, w:Foro do burgo de Castro Caldelas.
A Noticia de fiadores é un texto moi curto escrito en Portugal (ou iso creo). É considerado un dos primeiros textos en galego-portugués (considerase que algún outro pode ser anterior, pero non tén data), polo tanto sería moi prematuro tratar de demostrar a separación do galego e do portugués xa no primeiro documento escrito en lingua romance. Normalmente sitúase esta separación algún século máis tarde.
Por outro lado, en portugués escríbese Notícia, pero en galego esa palabra non vai acentuada. Ademais no tempo en que foi escrito o documento non era habitual o uso de tiles. Furagaitas* 11:56, 12 agosto 2008 (UTC)
Suxestións
editar- ...a lingua oficial das Illas Salomón é o inglés, que é falada por só o 1 ou 2 por cento da poboación, xa que existen unhas 120 linguas indíxenas, entre as que o pidgin melanesio é usado como lingua franca na maior parte do país. (tirado de aquí) [ Furagaitas * ] 10:46, 23 xullo 2009 (UTC)
- ...a lingua pirahã, falada no Brasil polo pobo indíxena do mesmo nome, non ten numerais nin número gramatical? Ademais tampouco non ten formas de pasado nin de futuro, ten un sistema de parentescos moi limitado, e crese que non teñen palabras para expresar as cores. É curioso o feito de que a pronuncia de algúns dos seus fonemas dependa do sexo de quen fala. (de w:es:Idioma pirahã e w:pt:Língua pirarrã) [ Furagaitas * ] 11:42, 31 xullo 2009 (UTC)
- ...os numerais da lingua cuna (falada en Panamá e Colombia) varían en función das características daquilo que se conta? Así, por exemplo, "cinco" dirase "walattale" ou "kwattale" se fai referencia a obxectos alongados ou redondos respectivamente. (de aquí) [ Furagaitas * ] 00:32, 1 agosto 2009 (UTC)
- ...segundo o Libro Guinness dos Récords o topónimo en uso máis longo do mundo é Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu, nome maorí dun outeiro de Nova Celandia? Porén, o nome ceremonial da cidade de Bankok aínda é meirande: กรุงเทพมหานคร อมรรัตนโกสินทร์ มหินทรายุธยา มหาดิลกภพ นพรัตนราชธานีบูรีรมย์ อุดมราชนิเวศน์มหาสถาน อมรพิมานอวตารสถิต สักกะทัตติยวิษณุกรรมประสิทธิ์ [ Furagaitas * ] 01:03, 3 setembro 2009 (UTC)
Bóteselle unha ollada a Usuario:Furagaitas/Sabías que. [ Furagaitas * ] 01:45, 15 de xullo de 2010 (UTC)
Propostas feitas en abril 2011
editarComo dixen máis arriba, penso que o máis correcto sería crear Sabías queses relacionados coa lingüística, dada a natureza deste proxecto. [ Furagaitas * ] 20:20, 25 de abril de 2011 (UTC)