Mensaxe primeira. Probando... Póñoo aquí para non esquecerme, miñas primeiras contribucións foron: estomballar e retrouso.

Benvida

editar

Boas Damufo. Unha vez máis, benvido ó Galizionario. Magnífica decisión a de rexistrarte; espero que iso se traduza nun novo colaborador habitual para o Galizionario.
Debo pedirche desculpas por non atender inmediatamente as dúbidas que me plantexaches. Ás veces a miña axuda demórase un bocado, pero case sempre acaba chegando. Nas próximas dúas semanas seguramente ande algo ocupado, polo que che pido paciencia.
Antes de entrar sobre os casos concretos que me comentabas permíteme guiarte un pouco sobre o que é o Galizionario. Como xa che comentei en Conversa usuario:84.78.48.13, a información que se publique no Galizionario debe estar libre de dereitos de autor, e debe ter orixe en fontes consultables (non necesariamente na rede). Debe procurarse o punto de vista neutral nas edicións, así como ser educado e colaborativo co resto dos editores. Podes atopar estas e outras cuestións nas páxinas de axuda.
Para comunicarte directamente con outro colaborador pódelo facer de dous xeitos: na súa páxina de conversa (por exemplo, para falar comigo terías que deixar unha mensaxe nova en Conversa usuario:Furagaitas) ou por e-mail (non todos os usuarios ofrecen esa opción). Persoalmente prefiro usar as páxinas de conversa por transparencia, para que o resto de colaboradores saiban no que ando traballando, e reservo o correo electrónico para casos especiais. É conveniente asinar todas as mensaxes que se deixan nas páxinas de conversa.
No Galizionario seguimos a normativa oficial do galego (NOMIG 2003), e empregamos como principal referencia para o léxico o VOLGa, así como outros traballos non oficiais (guías das universidades galegas, Termigal,...); non se rexeitan entradas non normativas (sempre que sexan referenciables), pero deben remitir a formas normativas sempre que sexa posible.
Sobre a cuestión que plantexabas sobre alzadoiro, efectivamente non ven nin no VOLGa, nin no Dicionario de dicionarios, nin no TILG, en cambio si que recollen alzadeiro. Vou mover a entrada para alzadeiro.
Para consultar fóra de liña o Galizionario as únicas opcións que coñezo son ou gravar páxina a páxina nun disco (opción do navegador), ou ben imprimir páxina a páxina coa opción do menú da esquerda (a segunda comezando por abaixo). É dicir, é complicado ter todo o Galizionario fóra de liña. Ten en conta, de todas formas, que toda a información que se copie dun artigo do Wiktionary ou da Wikipedia para publicalo tanto dentro como fóra dos respectivos proxectos, debe facer alusión á súa orixe.
Espero que che valla toda esta información e que en breve nos deleites con grandes entradas. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 23:14, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Por certo, esquecíame o de derrengado. Se o que queres é eliminar a entrada, o que debes é engadirlle a etiqueta {{borrar}}, para que cando un administrador o vexa o elimine. [ Furagaitas * ] 23:30, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Dicionario fóra de liña

editar

Non coñezo o StarDict, sinto non poderche axudar nisto; non sei se Gallaecio sabe algo ó respecto (anda metido en proxectos de software libre). Sobre o de ter unha copia de seguranza do Galizionario, os únicos que vexo posible que a puidesen ter son os que teñen utilizado un bot (Sobreira, Prevert, Aricum,...) pero hai moito tempo que non pasan por aquí, polo que aínda que a tivesen, seguramente estaría desactualizada. [ Furagaitas * ] 20:22, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Polo visto o método oficial sería mediante download.wikimedia.org, pero polo visto a descarga en formato HTML non está dispoñible. Por tanto, o mellor xeito sería mediante algún bot. Asumindo que es o Damufo que creo ─indícamo se non é tal─, coido que Fran ou algún outro trasnego con coñecementos técnicos podería axudarche nesa parte. De todos xeitos, dada a pouca actividade do Galicionario ─Furagaitas é o único editor constante na práctica─ hai artigos que seguen estruturas moi variadas para presentar a información ─artigos vellos ou non tan vellos en temas cuxa presentación aínda non está clara─, e por tanto sería difícil analizala mediante un bot de maneira efectiva (se ben pouco sei de bots).
Nestes momentos temos dúbidas sobre como amosar algunhas informacións, e se cadra estudando o formato que mencionas (e quizais outros formatos de dicionarios se os hai) poderíamos aplicar algún dos seus conceptos ao Galicionario e procurar facilitar a posible futura análise dos datos para dicionarios fóra de liña.
Bueno, ao mellor estou soñando, que é moi cedo. De momento pode que un bot que analice só as páxinas editadas ultimamente poida conseguir resultados medianamente decentes. A ver se tes sorte, e xa contarás. ─ GallaecioE logo? 08:15, 10 de agosto de 2010 (UTC)
Si, son ese damufo. Onte estiven todo o día mirando o tema dos dicionarios, e quedei abraiado de como está o tema ou do dificil que me resultou atopar información. Polo que vin o que máis me convenceu foi o babiloo, gustaríame ter para o galego algo como o que se pode descargar aquí para o español.
http://babiloo-project.org/wiki/index.php/Download
O outro formato é o do stardict, hai máis pero estes dous son os que eu entendín que van mellor. Desconcertame un pouco o formato das etiquetas do babiloo que son moi antigas, do tipo 'b' para facer máis grosa a letra (no canto de 'strong), 'i' para cursiva no canto de 'em'...
Aquí temos un artigo (antigo de Juan Rafael no que fala do formato dict) http://people.ofset.org/jrfernandez/traducc/diccionarios_libres/index.html
Eu vexo un gran traballo no galizionario e penso que sería unha mágoa non poder aproveitalo.
Sobre a descarga, non sei como se almacena a información do galizionario, se está en base de datos sería o ideal, se está en documentos seguro que hai forma de descargalos desde algún ftp, algo ten que haber ou alguén ten que que ser o administrador.--damufo 09:47, 10 de agosto de 2010 (UTC)
Na ligazón que che pasei de “descarga oficial” tes a ligazón para descargar en formato de base de datos, a que non está é a de ficheiros. Concretamente, a base de datos do Galicionario creo que é esta (do 3 deste mes). Oxalá a W3C tivese un estándar para dicionarios. Cando teña tempo botareille unha ollada aos formatos que dis ─e pode que a outros─ a ver se hai xeito de aplicar algún concepto ao novo esquema de artigos en que está traballando Furagaitas. ─ GallaecioE logo? 12:46, 10 de agosto de 2010 (UTC)
Ao non coñecer moi ben o funcionamento dos bots, non sei moi ben como poderiamos mellorar a forma de presentar a información no Galicionario para que puidese analizarse máis facilmente. Tal e como eu o vexo, o único que fai falla é que todas as páxinas sigan unha sintaxe común, algo cara o que xa imos (a paso de tartaruga, claro). ─ GallaecioE logo? 16:47, 11 de agosto de 2010 (UTC)

Resío

editar

Boas Damufo. Vexo que te trabucaches ó pórlle nome á páxina resío (que inicialmente creaches como resio). Agora xa buscaches outra solución, pero para estes casos o que adoitamos facer é mover a páxina para o título correcto: na parte superior dereita de cada páxina (á esquerda do cadro de procuras) está a opción (oculta) Mover; así non hai porqué borrar nada. Supoño que ti xa poderás facer uso desta opción, xa que só os usuarios con poucos días non poden mover páxinas. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 12:14, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Boas Damufo ! Vexo pola páxina de conversa que tes que non é a primeira vez que editas e polo tanto xa coñeces un pouco o Galizionario. A ver si lle das unha presentación semellante aos outros artigos a páxina que creaches. Xa sei que non é facil usar o formato que temos, non te preocupes xa teras axuda, polo menos eu dareille algo do formato que adoitamos ter. Animate a colaborar, semella que coñeces o galego, xa verás ao botarte con boa fé, xa teras axuda. Saúdos e se necesitas axuda podes contar comigo no que podo --Elvira (fálame) 13:05, 20 de febreiro de 2012 (UTC)

Supoña que eres ti que ves de falarme na miña páxina de conversa. Entendo mui ben "A verdade é que o principal motivo polo que non colaboro máis é precisamente o complicado que me resulta.". E é unha lastima que polo tanto non sexa un prazer para ti ó de colaborar niste proxecto tan fermoso. Non tés obriga ninghuna de formatar como o veño de facer eu no artigo desafiuzar. O importante é que colabores con boa fé e que non xogues co traballo do Galizionario. Para crear entradas en galego, é suficiente que as metas con formato minimo :

*substantivos

{{-gl-}}

{{-subst-|gl}}

'''{{PAGENAME}}'''

# (engades aqui a definición)

*verbos transitivos

{{-gl-}}

{{-verbot-|gl}}

'''{{PAGENAME}}'''

# (engades aqui a definición)

*verbos intransitivos

{{-gl-}}

{{-verboi-|gl}}

'''{{PAGENAME}}'''

# (engades aqui a definición)

Si te botas, non tes que liarte con detalles que, logo de ter pratica poñense mansiños. Por experiencia propia, podoche dicir que nalgúns casos puxen meses antes de integrar detalles de formato que agora nin siquera me dou conta que foron un rompecabezas. Ti verás, podes contar coa miña axuda para coller todo tempo necesario que necesites, sabendo que non tes obriga ninguhna, que hai que facer as cousas a gusto, estar atentos a dialogar. Non domino o galego, tes que sabelo, a miña axuda non pode ir polo eido da lingua. Non esquezas de dar voltas pola Taberna e falar cos outros usuarios, en particular cos que xa conversaron con ti nista páxina. Saúdos Damufo e ata cando queiras --Elvira (fálame) 14:49, 20 de febreiro de 2012 (UTC)

ánimo !

editar

Ala, botate cando queiras e que non sexa por mor dun fallo técnico ! --Elvira (fálame) 16:13, 20 de febreiro de 2012 (UTC)