Moitas grazas pola túa axuda, eu estaba inserindo as entradas directamente, sen lista, cando teña tempo farei unha lista para que introduzas as entradas co programa que tes, dende logo será máis rápido e cómodo, saúdos.--Rocastelo 19:33, 24 Mai 2005 (UTC)

  • Fixen unha primeiro lista, está en User:Rocastelo/Lista (xa che enviei un correo, é por se miras o Galizionario ante co correo), saúdos.--Rocastelo 21:33, 25 Mai 2005 (UTC)

Etimoloxía de peroné

editar

O termo peroné vén do grego περόνη (peróne) agulla, broche, fíbula, e non do latín. Por certo, que en galego a súa forma debería ser perone, como en italiano, veña directamente do grego ou a través dun suposto antigo latin científico peronaeus (hoxe, o nome científico deste óso é fibula, o seu nome latino). Se vén do grego, pasado polo latín peronaeus, hai que ter en conta que en latín non hai voces polisílabas agudas, polo que dificilmente podería dar en galego peroné. Este termo é evidentemente un calco do castelán (que o tomou directamente do francés, como o catalán). Pero esta é uha leria que lles corresponde ás autoridades da lingua e non a nós, simples usuarios dela. Un saúdo.--Xoio 22:40, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Importar

editar

Ola, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 18:57, 14 de xullo de 2011 (UTC)

Administración

editar

Ola, Roberto. A comunidade do Galizionario estivo a valorar nas últimas semanas a función dos administradores do proxecto. A causa é a inactividade dos mesmo, feito que obrigaba á comunidade a pedirlle axuda a administradores globais ou stewards. Como membro que es dese grupo, gustaríanos saber se estás disposto a conservar os privilexios da administración e colaborar activamente coas tarefas propias dese grupo; para iso agradeceriamos que nolo comunicases na Taberna do Galizionario no prazo de tres semanas. A comunidade do Galizionario decidiu, de non recibir unha resposta positiva dentro dese período, pedir a revogación dos dereitos para as persoas implicadas. Sexa como for, esperamos verte polo Galizionario pronto, ben como administrador, ben como usuario normal. Recibe un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 18:29, 24 de outubro de 2011 (UTC)